Apple renovará os seus Mac Pro este ano

luns, 10 de xuño do 2013 Marcus Fernández

A liña de ordenadores de escritorio profesionais de Apple levaba bastante tempo abandonada, e para responder á demanda deste tipo de equipos presentaron hoxe un novo Mac Pro, que chegará ao mercado antes de rematar o ano, e que estará fabricado nos EE.UU. incorporando grandes prestacións técnicas como dobre gráfica, almacenamento flash baseado en PCI Express (cun largo de banda de ata 40 Gbytes/segundo), Thunderbolt 2 de alto rendemento (capaz de atender ata a 36 dispositivos en cadea e ata 3 pantallas de ultra alta definición), procesadores Xeon de nova xeración (con ata 12 núcleos), memoria ultra-rápida (de ata 60 Gbytes/segundo), soporte para vídeos de ultra alta definición, un deseño optimizado para unha boa refrixeración a través dun único ventilador, grande capacidade de expansión e unha carcasa de aluminio que dálle un acabado único.

PUBLICIDADE