Apple vende cargadores sen fÃos para múltiples dispositivos
venres, 9 de agosto do 2019
Semella que Apple ten superado o loito tras a morte
do seu cargador sen fÃos AirPower, e está a incorporar á súa tenda oficial un
par de produtos de Mophie que venden en exclusiva e que buscarÃan atender a
demanda de cargadores sen fÃos por parte de usuarios de produtos de Apple.
Un dos produtos máis interesantes dos que veñen de pór á venda é a base
de carga sen fÃos dual de Mophie, que ten un prezo de 109,95 euros e
permite cargar até dos dous dispositivos sen fÃos (que poderÃan ser tanto 2
iPhone como un iPhone e uns AirPods nun estoxo de carga sen fÃos) achegando até
7,5 watts de xeito estable. Este cargador tamén inclúe un porto USB-A, que pode
aproveitase para, por exemplo, cargar simultaneamente un Apple Watch.
Pero o produto que realmente ten máis semellanzas co malogrado AirPower serÃa a
base
de carga sen fÃos 3 en 1 de Mophie, pensada para cargar simultaneamente un
iPhone, un estoxo sen fÃos de auriculares AirPods e un Apple Watch, de xeito
que os fieis usuarios dos produtos da marca da mazá poden ter os seus trebellos
de uso diario comodamente cargados. Este cargador en unha zona destinada ao
iPhone e outra para os accesorios de menor potencia, de xeito que o iPhone pode
recibir até 7,5 watts de carga (conseguindo unha velocidade de recarga bastante
rápida). Este interesante cargador ten un prezo de 149,95 euros, e poderÃa
considerase como o herdeiro do AirPower, aÃnda que careza de todas as funcións intelixentes
que pretendÃa introducir Apple no seu cargador.