Apricorn estrea unha nova familia de unidades de disco seguras

luns, 29 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Apricorn é un fabricante de produtos de almacenamento de datos que centra os seus desenvolvementos na seguridade, e vén de presentar o Aegis Padlock Pro, unidade de disco con conectividade eSATA e USB que conta con encriptación por hardware AES de 256 bits, de xeito que os contidos almacenados na mesma están protexidos por un PIN. Está dispoñible coma disco duro de entre 250 e 640 Gb (a prezos de entre 129 e 199 dólares) ou coma unidade SSD de entre 128 e 256 Gb (o que dispara o seu prezo a 419 e 799 dólares respectivamente). As unidades estándar soportan velocidades de transferencia eSATA de ata 90 Mbytes/seg., mentres que na versión SSD conséguese unha transferencia de 219 Mbytes/seg.
O máis destacable o Aegis Padlock Pro é sen dúbida que presente un deseño baseado nun teclado en un software que non precisa instalación, facendo moi intuitivo o seu uso, recomendado para profesionais que precisen da máxima protección para datos sensibles. Amais tamén é compatible con Windows, Mac OS X e Linux.

PUBLICIDADE