Arranca Pont-Up Store 2017, a mostra pontevedresa do noso pulo innovador
venres, 22 de setembro do 2017
O
evento Pont-Up Store 2017,
referente galego e estatal do emprendemento innovador deste mes de
setembro, inaugúrase hoxe no espazo multiusos do recinto na praza de
España de
Pontevedra.
O acto desenvolverase ante a presenza dos responsábeis de máis de
40 novas empresas, que estarán toda a xornada de hoxe amosando os
seus produtos
e servizos nos diferentes stands
da carpa instalada na praza
de España. Trala
apertura, os representantes das entidades organizadoras e
colaboradoras realizarán unha visita institucional ao recinto e ao
Fab-Lab emprazado nas salas de exposicións da Facultade de Belas
Artes e Escola Superior de Conservación e Restauración. O
programa da Pont-Up Store 2017 inclúe máis de corenta actividades,
entre obradoiros, seminarios, coloquios e encontros. Este
programa desenvolverase nunha ducia de recantos da cidade. Por
exemplo nas devanditas Facultade e Escola, onde se levan celebrando
dende o día 19 obradoiros e coloquios sobre fabricación dixital e
creatividade (ao abeiro do Fab-Lab).
Na
inauguración participarán Miguel
Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Juan Manuel Corbacho,
vicerreitor do campus de Pontevedra; Dolores Gonzalez, vicerreitora
de Estudantes; Guillermo Viña, xerente de Igape Nova; José Manuel
Mourelo, xerente de RSC de Abanca; Alberto Costas, xerente de
Alianzas Estratéxicas de R; Pablo Fernández, presidente de AJE
Pontevedra; Carmen San Martín, director de Camp Tecnológico
Galicia, e Pedro Figueroa, director do Pont-Up Store.
A
cuarta edición da Pont-Up Store 2017 celébrase até o 23 de
setembro e vén novamente da man do Universidade de Vigo (Campus de
Pontevedra) no marco do proxecto e especialización CREA S2i. Amais,
cóntase coa colaboración de tres ducias de empresas e institucións,
co Concello como patrocinador principal e contando co apoio da
Deputación.
O
programa definitivo do evento foi presentado o pasado 7 de setembro
polo seu director, Pedro Figueroa, quen salientou o poder de
convocatoria da feira e o seu carácter multidisplinar, amais de “ter
capacidade para xuntar empresas de múltiples sectores”, desde a
moda, a alimentación ou ecoloxía, até o deseño gráfico, a
educación e as novas tecnoloxías da información, outorgando
ademais un “papel moi importante á economía social", como
salientou o director dun evento que reúne a emprendedores de toda
Galicia e no que “máis do 33% dos proxectos proceden das vilas e
do rural”.
Como
dixemos, Pont-Up Store terá como núcleo o recinto da praza de
España no que, hoxe e mañá, 41 empresas con menos de tres anos e
medio de traxectoria seleccionadas de entre máis de 120 candidaturas
amosan á cidadanía os seus produtos e servizos. E fano nos 36
stands cos que conta este recinto e a través de diferentes
actividades de dinamización, que abranguen propostas como a arte
floral, o álbum ilustrado ou a cata de cervexas, así como no
Puntazo Express, evento no que dez emprendedores presentarán
o seu proxecto empresarial a perante directivos de compañías
galegas referenciais.
A
carpa verase complementada, entre outras moitas cousas, cun recanto
de foodtrucks, tanto de emprendedores seleccionados como da
PonteVan, promovida por diferentes institutos da cidade, así
como pola súa prolongación nas salas de exposicións do edificio
que comparten Belas Artes e Restauración.