Artigos desta sección
Aparello para facer copias de seguridade do disco duro con so premer nun botón
Hai unha cousa que probablemente haxa que ter en conta cada día cando traballamos cun computador e este se converte na nosa principal ferramenta: o disco duro achega en moitos casos aquela parte do cerebro que nos falta ós que estamos ó seu carón. Tendo en conta isto, calquera cousa que poidamos facer para coidalo e para que se sinta cómodo e, sobre todo, (...)
Ler máisSistema limpateclados para Mac
Tralo noso inesquecible traslado cara á outra punta de Compostela, en Código Cero (seguramente ó igual que noutras oficinas e redaccións ateigadas de equipos informáticos) precisamos dunha limpeza a fondo de tódolos gadgets acumulados e enleados entre fíos que sufriron con afouteza tódolos “tequemanexes” que lles tivemos que facer para carrexalos. Aínda non (...)
Ler máisMotoGP2 ou como poñernos na pel dos mellores pilotos
FX Interactive segue a poñer no mercado produtos a bo prezo e accesibles para o común dos seareiros dos videoxogos. Desta volta, é a quenda dos afeccionados ó motociclismo, que teñen en MotoGP 2 a opción de pilotar de xeito virtual e de facer sobre dúas rodas virtuais todo o que nas reais non lles está permitido (e menos mal). O xogo vén con 16 circuítos (...)
Ler máisChips en po de Hitachi con tecnoloxía RFID
Mentres andabamos a ollar para películas como Días estraños ou Doce monos, tentando albiscar futuros de tecnoloxía en maior ou menos medida sorprendente, a vida cóllenos unha vez máis por sorpresa para lembrarnos unha vez máis que a realidade non ten nada que envexar á ficción. É dicir: o futuro está aquí, petando nas portas da nosa casa, ou do noso galpón. Polo (...)
Ler máisWiitoob.com: o Youtube especialmente deseñado para a Wii
Especialmente pensado para os wiinómanos (non se me ocorre outra definición mellor para os amantes da exclusiva consola de Nintendo) e, como non, para os que apostan forte polo futuro dos vídeos en liña, sae á luz o WiiToob, unha adaptación do popular portal web YouTube deseñada para ser vista en pantallas grandes dende o navegador da Wii. Se deitarse no sofá, (...)
Ler máisA feira 3GSM acolle a presentación do Readius, o gadget con pantalla flexible
Denantes de calquera outra cousa, cómpre aclarar este punto: non estamos na feira 3GSM e todo o que podemos escribir sobre esta xuntanza de adoración rendida ó móbil vén a través do filtro doutros ollos e outras orellas. Algunhas das cousas que vemos non nos chaman a atención (se as víramos na propia feira de Barcelona, botaríamos un gran bocexo), pero outras (...)
Ler máisVirgin Games quere poñer en marcha o iTunes dos videoxogos
A Virgin Games semella que non falla ambición no que se refire a meterse de cheo nas vendas de videoxogos a través Rede, manobra na que ten (ou iso di) como principal punto de referencia a Apple co seu servizo de venda de música en liña. Dito doutro xeito: Virgin Games quere ser iTunes dos xogos en liña, e o seu espazo de venda particular xa ten nome: A (...)
Ler máisBourne na consola: cada vez máis preto
Do personaxe de ficción coñecido como Bourne, aquel que se vía envolto en enleadas de espionaxe internacional e co agravante de ter menos memoria ca un peixe acabado de nacer, téñense feito varios filmes de desigual fortuna (as mellores son posiblemente as dúas que teñen a Matt Damon de protagonista). Agora, semella que están de sorte tanto os seareiros que (...)
Ler máisBarra desprazadora para axustar o monitor á vista
Se ben é certo que os internautas (sobre todo os máis adictos á rede) pasamos gran cantidade de horas frente ó computador, ben sexa na oficina, na casa ou nalgún cibercafé, tamén é certo que os médicos e especialistas advirten dos males que poden carrexar para a nosa saúde este tipo de prácticas en exceso. Por norma xeral recomendan ter o monitor á altura (...)
Ler máisPeugeot agasallará cunha Xbox 360 ós que merquen o 106 por Internet
Nos últimos anos e grazas ós videoxogos, os amantes da velocidade poden ver cubertas as súas necesidades básicas de descarga de adrenalina sen ter que recorrer a coller o coche e arriscar as súas vidas (e as dos demais) para sentirse satisfeitos. Isto non quere dicir que os que teñan vídeo consola poidan renunciar ó coche, nin moito menos, pero se é verdade que (...)
Ler máis0 | ... | 12900 | 12910 | 12920 | 12930 | 12940 | 12950 | 12960 | 12970 | 12980 | ... | 13080