Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Deixan ver os primeiros minutos de xogo de 007: First Light

Esta previsto que o vindeiro mércores chegue ás tendas o agardado xogo 007: First Light, pero houbo algunha copia do xogo que chegou a mans dos consumidores nos últimos días, provocando que durante a fin de semana se publicase un vídeo no que se amosa a primeira misión do xogo.

Ler máis

Os novos auriculares de Anker sorprenden pola súa boa cancelación de ruído en chamadas

Anker presentou os novos auriculares Soundcore Liberty 5 Pro e Liberty 5 Pro Max, os primeiros modelos da marca equipados co novo chip Thus AI, deseñado para mellorar especialmente a claridade das chamadas de voz e a redución de ruído en escenarios complexos.

Ler máis

Destiny 2 anuncia a súa despedida

O estudio de videoxogos Bungie anunciou o remate do desenvolvemento activo de Destiny 2, que recibirá a súa derradeira grande actualización o vindeiro 9 de xuño baixo o nome de Monument of Triumph. O xogo continuará operativo e accesible para os usuarios, nun modelo semellante ao do primeiro Destiny, pero o estudio deixará atrás o formato de servizo continuo (...)

Ler máis

PlayStation Plus sobe de prezo

A suba de prezo do servizo PlayStation Plus adiantada o pasado luns por parte de Sony xa entrou en vigor, a finalmente non quedou nun incremento dun euro na súa tarifa máis básica (o plan PlayStaiton Plus Essential, que pasou de 8,99 a 9,99 euros/mes e de 24,99 a 27,99 euros/trimestre) e tamén afecta ao resto de (...)

Ler máis

Vigo vibrará cos videoxogos na Kokoro Japan Expo 2026

A cuarta edición da Kokoro Japan Expo, que se celebrará no IFEVI os días 4 e 5 de xullo, reforza este ano o seu peso no ámbito dos videoxogos cunha programación máis ampla, competitiva e diversa. A Zona Gamer, organizada en colaboración con Star‑Up, combinará torneos oficiais, desafíos abertos, espazos retro e actividades para todos os perfís de xogadores, desde (...)

Ler máis

Sony celebra os 10 anos dos seus auriculares 1000X cunha edición premium

Sony anunciou os novos auriculares 1000X The Collexion, unha edición premium da súa coñecida familia 1000X coa que busca combinar o rendemento acústico característico da marca cun enfoque máis refinado no deseño, os materiais e a comodidade de uso. O lanzamento coincide co décimo aniversario da serie, iniciada en 2016 cos (...)

Ler máis

Samsung presenta o primeiro monitor gaming 6K da industria

Samsung presentou a súa nova xeración de monitores gaming Odyssey G8, unha gama que aposta por elevar o rendemento gráfico e a resolución máis aló do habitual no sector. A familia inclúe tres modelos diferentes e incorpora como principal novidade o que se presenta como o primeiro monitor gaming 6K da (...)

Ler máis

Fortnite volve á App Store

A loita xudicial entre Epic Games e Apple rematou hai meses, pero a normalidade tardou en restaurarse, e tras o regreso de Fortnite a Google Play en marzo, agora confirman o regreso en case todo o mundo de Fortnite á App Store. Deste xeito non será preciso instalar a tenda de aplicacións alternativa de Epic para instalar Fortnite nun iPhone ou iPad, e (...)

Ler máis

Google avanzou detalles das súas futuras lentes con IA

Google aproveitou a conferencia Google I/O 2026 para avanzar novos detalles sobre a súa aposta polas lentes baseadas en Android XR, a plataforma desenvolvida xunto con Samsung e Qualcomm arredor das capacidades de Gemini. O primeiro modelo comercial chegará este mesmo outono en formato de lentes con audio integrado, mentres que máis adiante tamén haberá (...)

Ler máis

Insta360 integra unha pantalla de tinta electrónica nos seus micrófonos sen fíos

Insta360 anunciou o lanzamento do Insta360 Mic Pro, un novo sistema de micrófonos sen fíos orientado a creadores de contido, cineastas, podcasteiros e producións profesionais, apostando por funcións pouco habituais neste segmento como unha pantalla de tinta electrónica personalizable e un sistema de captación baseado en tres micrófonos (...)

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | ... | 14410

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade