As Spectacles de Snapchat ábrense a outras plataformas para evitar o fracaso

venres, 22 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Hai un par de meses as lentes con cámara de Snapchat renováronse mellorando prestacións e incorporando resistencia á auga, pero as Spectacles continuaban a ter unha grande eiva que ía moito máis aló do seu elevado prezo (174,99 euros), que os seus vídeos gravábanse nun formato circular que só podía reproducir axeitadamente en Snapchat, plataforma social que non pasa polo seu mellor momento.
Pero unha actualización do software das lentes está a solucionar esta limitación, xa que agora os contidos captados la cámara das lentes poden exportarse en distintos formatos: circular (con fondo branco ou negro), cadrado ou panorámico.
Deste xeito os vídeos e as fotografías que captemos coas Spectacles poderán compartirse en redes sociais como Facebook, Twitter ou Instagram sen problema, para o que só sería preciso actualizar a aplicación das lentes para iOS e Android (incluso no caso de que teñamos o modelo anterior das lentes).

As Spectacles pódense mercar en varias cores

PUBLICIDADE