As pulseiras de Xiaomi permitirán facer pagamentos contactless

mércores, 15 de setembro do 2021 Marcus Fernández

As pulseiras de actividade de Xiaomi son moi populares en España, pero os modelos que chegaban ao noso mercado non incluían unha das súas prestacións máis interesantes, a posibilidade de realizar pagamentos móbiles, eiva que corrixen coa Mi Smart Band 6 NFC, que grazas á colaboración de Mastercard fará doado os pagamentos contactless, tan habituais nos tempos actuais nos que búscase reducir o manexo de cartos en efectivo.
Esta pulseira, que fai un completo rexistro da nosa actividade física grazas aos seus distintos sensores (monitoriza a frecuencia cardíaca, conta con varios modos deportivos, fai un seguimento da calidade do sono e saturación de osíxeno en sangue...), tamén integra o asistente de voz Alexa, o que incrementa considerablemente as súas posibilidades (aparte de manexar a pulseira mediante a voz tamén pode aproveitarse para o control da nosa electrónica doméstica), o que pode sorprender para un produto que ten un prezo recomendado de 54,9 euros, e chegará ao noso mercado nos vindeiros meses.

PUBLICIDADE