As tendas Fnac estrearán smartphone a semana que vén
martes, 5 de marzo do 2013
O vindeiro 11 de marzo a
cadea de tendas Fnac porá á venda en España un smartphone de seu, o Fnac
Phablet 4.5 que, como acontece cos tablets da mesma marca, tamén está
fabricado por bq (é concretamente o smartphone
bq Aquaris), e ofrece por un prezo axustado (179,99 euros) un terminal con
Android 4.0 e pantalla IPS de grande tamaño (4,5 polgadas cunha resolución de
960 x 540 pÃxeles), que sitúase comodamente na gama media cun procesador Cortex
A9 de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), Wi-Fi N, Bluetooth 4.0,
cámaras de 8 e 0,3 MpÃxeles, baterÃa de 1.600 mAh, 10,25 milÃmetros de grosor e
un peso de 150 gramos.
Compre destacar que este terminal véndese totalmente libre e pode funcionar con
dúas tarxetas SIM á vez, polo que pode resultar de grande interese para
usuarios que usen varias liñas de móbil e non queiran atarse a ningunha
operadora.