As unidades Samsung SSD 980 Pro incluirán disipador coa vista posta na PS5
xoves, 16 de setembro do 2021
Esta semana as consolas PlayStation 5 recibiron a actualización
oficial que activa a posibilidade de ampliar a súa capacidade interna mediante
unidades SSD M.2, e hai fabricantes que están a telo moi en conta, como Samsung,
que xa etiqueta como compatibles coa PS5 a unidades como a popular Samsung
SSD 980 Pro (con até 7.000 MB/s de velocidade de lectura e até 5.000 MB/s
de velocidade de escritura), aínda que parece recomendable agardar a facer tal adquisición,
xa que Samsung tería confirmado que xa hai disipadores que poden adherirse ás
súas unidades SSD respectando as pautas marcas por Sony para a súa instalación
na PS5 e incluso teñen
previsto pór á venda antes de rematar o ano versións das unidades SSD 980 Pro
co disipador incluído.
Dado que a refrixeración das consolas é unha das súas grandes problemáticas, e
as unidades SSD poden chegar até os 70 graos centígrados, incorporarlles un disipador
que facilite a súa refrixeración é moi recomendable, especialmente durante a
realización de tarefas intensivas, garantindo así un bo rendemento (pois ante
problemas de refrixeración as unidades reducen a súa velocidade para evitar
danos).