Asus B1M: un proxector compacto e sen fíos

martes, 16 de abril do 2013 Marcus Fernández

Para os profesionais que queiran levar un proxector de vídeo para realizar presentacións sen complicarse con cables e sen ter que cargar cun voluminoso dispositivo temos agora o Asus B1M, un proxector LED capaz de xerar unha imaxe de 51 polgadas a só 1 metro de distancia (podendo chegar ata as 153 polgadas a 3 metros de distancia), cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles e un brillo de 700 lúmenes, capaz de recibir os contidos a amosar a través de Wi-Fi dende dispositivos con Windows, Android e iOS, coa vantaxe adicional de poder empregar dispositivos móbil como mando a distancia para presentacións e reprodución de arquivos. Este proxector tamén consegue acenderse en só 5 segundos e ten un apagado instantáneo (sen precisar a que arrefríe).
Para completar este dispositivo temos que conta cun lector de tarxetas SD e conectividade USB (dende os que reproduce os formatos máis populares de imaxes, audio e vídeo, e incluso documentos PDF, PowerPoint, Excel, Word e texto), integra 2 altofalantes de 2 W e entradas de vídeo composto, VGA e HDMI. Mide 175 x 44,5 x 139 milímetros e ten un peso neto de 900 gramos. O seu prezo é de 639 euros.

JPEG - 26.7 KB
O Asus B1M destaca polo seu deseño compacto

PUBLICIDADE