Asus EeeBox B1501, un nettop con nVIDIA ION

luns, 5 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Asustek presenta un novo equipo dentro da súa oferta de nettops, o Asus EeeBox B1501, que está equipado cun procesador Intel Atom N330 a 1,6 GHz, tarxeta gráfica nVIDIA ION, 2 Gb de RAM, 250 Gb de disco duro, Gigabit Ethernet, Wi-Fi N, 4 portos USB 2.0, eSATA, saídas VGA e HDMI, lector/gravador de DVD e sistema operativo Windows 7 Home Premium, que poderá adquirirse con teclado e rato sen fíos e mando a distancia opcionais a un prezo de a partires de 399 euros, o que resulta algo caro, pero que serve de referencia para un equipo deste tipo cunhas prestacións multimedia moi atractivas, o que combinado coa súa estética é unha garantía de éxito.

PUBLICIDADE