Asus S1, un novo proxector portátil de tiro curto

xoves, 30 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

O proxector LED Asus S1 puido verse no pasado CES

Na pasada edición do CES de Las Vegas Asus amosou o seu S1 Mobile LED Projector, un proxector de vídeo de pequenas dimensións (ten un alto de só 3 céntímetros) e alta mente transportable (pesa 342 gramos e inclúe unha funda) que busca facilitar o traballo dos profesionais que teñan que realizar presentacións multimedia, incluso en contornos reducidos, pois o Asus S1 pode xerar unha imaxe cunha diagonal de 41 polgadas a só 1 metro de distancia da superficie de proxección.
Ao empregar lámpadas LED, o proxector tampouco precisa do tempo de quecemento de proxectores tradicionais, polo que resulta moito máis áxil para presentacións profesionais (aínda que só ten 200 lúmens). Este proxector DLP ten unha resolución nativa de 854 x 480 píxeles, pode proxectar unha imaxe de entre 30 e 100 polgadas a distancias de entre 0,73 e 2,43 metros, conta con entrada HDMI/MHL, toma de auriculares, un porto USB de carga e batería recargable de 22 W/h (que pode empregarse para funcionar en mobilidade ou para cargar outros dispositivos a través de USB). Está xa dispoñible en España a un prezo de 329 euros.

O novo proxecto conta con HDMI/MHL, polo que incluso facilita o uso de dispositivos móbiles como fonte de vídeo

PUBLICIDADE