Asus presenta uns monitores cun grosor de 16,5 mm

mércores, 9 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Asus presentou a súa nova familia de pantallas LCD Designo MS, composta polos modelos MS246, MS236, MS227, MS226 e MS202, que van das 20 ás 24 polgadas e con resolucións dende 1.600 x 900 píxeles a 1.920 x 1.080 píxeles, destacando por manter o seu grosor limitado a 16,5 milímetros.
Estas pantallas teñen unha relación de contraste de 50.000:1, unha velocidade de refresco de 2 milisegunods, tecnoloxía de aforro de consumo, botóns con sensor táctil LED e un acabado moi elegante, aínda que polo momento non se coñece nin a data de lanzamento ni o prezo.

PUBLICIDADE