Asus xa ten un prototipo de ordenador todo-en-un con 3D

luns, 12 de abril do 2010 Marcus Fernández

Aínda que sexa só un prototipo que pode versen nalgunhas feiras tecnolóxicas, resulta interesante botar un ollo ao que permitirá o Asus Eee Top 3D, pois estamos ante un ordenador todo-en-un con pantalla multi-táctil de 23,6 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, que destaca especialmente por ser compatible con lentes estereoscópicas, prestación habitualmente fóra deste tipo de equipos compactos.
Este ordenador tamén ten unha alta conectividade, contando con 4 portos USB 3.0, conexións HDMI, VGA e Ethernet e incluso entrada para unha toma de antena (para recibir a TDT). Tampouco carece de lector de Blu-ray, Wi-Fi N e Bluetooth 3.0, de xeito que estariamos ante un equipo dun atractivo innegable, que logra combinar un deseño atractivo e compacto cunhas elevadas prestacións.


Vídeo no que repasan as características do Asus Eee Top 3D