Atari 7800+, a consola que nos trasladará a 1986
martes, 20 de agosto do 2024
Aproveitando o pulo dos videoxogos retro, Plaion e Atari unen forzas para traer ao mercado a Atari 7800+, unha fiel recreación da consola de 1986 que a partir do 29 de novembro poderá adquirirse por 119,99 euros incluÃndo o xogo de acción Bentley Bear’s Crystal Quest e o controlador sen fÃos CX78+.
Esta nova consola non só se moderniza ao permitir o xogo sen cables, senón que tamén conta con saÃda HDMI (para poder utilizala nun televisor ou monitor actual) e aliméntase por USB, destacando polo feito de que, non só conserva a aparencia da clásica consola de Atari, senón que tamén é compatible cos cartuchos das consolas Atari 2600 e 7800.
Para completar a consola poden adquirirse por separado por 34,99 euros o mencionado mando sen fÃos CX78+ (con formato de gamepad) ou o CX40+ (con formato de joystick), de xeito que podemos elixir entre un modo de control máis moderno ou máis clásico.
Para que non resulte difÃcil atopar tÃtulos cos que tirar proveito desta nova consola, dende o seu lanzamento tamén poderán adquirirse os xogos Asteroids Deluxe, Berzerk, Bounty Bob Strikes Back!, Frenzy e Space Duel (asà como o mencionado Bentley Bear’s Crystal Quest).
O 29 de novembro tamén porán á venda 4 novos xogos para a Atari 2600+ (compatibles coa 7800+): Cavern of Mars, RealSports Collection, Epyx Games e M-Network Collection.
VÃdeo promocional da Atari 7800+