Auriculares con cancelación de ruído para o iPod

xoves, 20 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Hitachi Maxell lanzará en decembro ao mercado xaponés os seus auriculares HP-NC20.IP para reprodutores multimedia iPod que incorporan tecnoloxía de cancelación de ruído e non precisan baterías extra (xa que se alimentan polo propio conector do iPod, o que afectará á autonomía, que a reduciría unha terceira parte). Pesan 22 gramos e o seu cable é de 95 centímetros.
Estes auriculares prometen ser capaces de neutralizar ruído ambiental de ata 20 dB e teñen unha frecuencia de resposta de entre 20 Hz e 20 kHz. Tamén inclúen control de volume deslizante e son compatibles con reprodutores iPod de 4ª xeración e iPod Touch, non operando co iPhone.

PUBLICIDADE