Auriculares de Nokia con cancelación de ruído

mércores, 3 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A tecnoloxía de supresión de ruído en auriculares, tanto para a reprodución de música como para a realización de chamadas telefónicas, están a dar lugar a impresionantes produtos que achegan unha experiencia de uso sen precedentes, e nesta liña Nokia presentou os seus auriculares Bluetooth estéreo BH-905, que integra un total de 10 micrófonos, dos que 2 estarían destinados a recoller a voz do usuario e outros 8 captarían o ruído ambiental para suprimilo activamente o que permite unhas conversas telefónicas nítidas incluso en contornos ruidosos, á vez que son todo un luxo para escoitar a nosa música favorita sen fíos.
Os auriculares tamén funcionan con cable (o que serviría para o seu uso con reprodutores multimedia con conector estándar), inclúen unha tecla para controlar as funcións de chamada e botóns para a reprodución de música e o control de volume e incluso permite a activación e desactivación do seu sistema de supresión de ruído. Por desgraza, o seu prezo é bastante elevado (285 euros) e haberá que agardar ao mes de agosto para velo á venda.

PUBLICIDADE