Avatel inaugura tenda no Porriño, onde puxo a súa fibra ao servizo de máis de 5.000 fogares

luns, 18 de xullo do 2022 S. P.

Apertura do establecemento da operadora no Porriño A operadora Avatel inaugurou a semana pasasda unha nova sede en Galicia, concretamente no Porriño. O acto de apertura oficial contou coa presenza do alcalde, Alejandro Lorenzo, o tenente de alcalde, Abel Estévez, o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Bienvenido Estévez, a directora de Tendas de Avatel, Paola Mirasol, e o responsábel da firma no Porriño, Carlos Garabatos. A operadora de telecomunicacións, moi centrada no rural, quere dar continuidade ao seu despregue no concello, onde implantou banda larga e puxo a súa Internet de alta velocidade ao alcance de máis de 5.000 fogares e empresas do Porriño. A fibra óptica de Alvatel acada capacidades de 1 Gbps.
Ademais, a infraestrutura da operadora levou conectividade a Internet por primeira vez ás vivendas do Polígono Torneiros, onde ata o de agora as empresas alí presentes carecían dela.
O rexedor e a directora de Tendas de Avatel, Paola Mirasol, mantiveron unha reunión sobre a marcha do proxecto con motivo da inauguración da tenda na localidade, situada na rúa Antonio Palacios. Nela, puxeron en valor o investimento da operadora no municipio, realizada con fondos propios, co obxectivo de achegar conectividade ultrarrápida no centro urbano.
Lorenzo mostrou a súa satisfacción pola apertura dun novo establecemento na localidade e incidiu na necesidade de “contar con fibra óptica para os veciños e veciñas de Porriño”. Segundo o alcalde “a conectividade neste momento é algo tan importante como calquera outro dos servizos esenciais” e por iso lembrou que dende o Consistorio ofrécese “toda a colaboración ás operadoras para conseguir que o despregamento de fibra chegue a todas as vivendas do termo municipal”.

PUBLICIDADE