Axóuxere Games estrea o seu segundo xogo para Xbox 360
luns, 22 de abril do 2013
O estudio galego de videoxogos Axóuxere
Games, encabezado polo creativo Adrián RodrÃguez e o desenvolvedor Antonio
GundÃn, ofreceunos na súa traxectoria diversos xogos para dispositivos Android
como Trap Ball,
Shuriken
Training e Planetary Shield,
é este último deu nos últimos dÃas un importante salto para chegar a un público
diferente, pois incorporouse
á categorÃa de xogos independentes do Bazar de Xbox LIVE, polo que os
usuarios da Xbox 360 poden adquirilo por 80 Microsoft Points (uns 0,96 euros),
estando tamén dispoñible unha versión de proba de balde.
Este novo xogo contou coa colaboración de Jesús Iglesias, tradutor para España
de El Señor de los Anillos. La TrilogÃa
Cinematográfica. La Exposición, e trátase dun xogo de habilidade que
consiste en destruÃr os meteoritos que se dirixen á Terra e que irán
debilitando uns escudos ata a súa destrución. Aparte de lanzar bolas de enerxÃa
para destruÃr os meteoritos, tamén hai que manexar a naves de salvamento que
foxen da Terra e poderanse conseguir obxectos adicionais como mÃsiles que
destrúen os meteoritos próximos ou elementos que rexeneran o escudo ou dan
invulnerabilidade por un tempo limitado.