BLU presenta novos smartphones con nVIDIA Tegra 3

luns, 4 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

JPEG - 39 KB
O Quattro 4.5 será o máis asumible dos novos móbiles de BLU Products

BLU Products, un dos fabricantes de móbiles de maior crecemento a nivel mundial, incorpora á súa familia de smartphones Quattro 3 novos dispositivos que funcionarán con procesadores de catro núcleos nVIDIA Tegra 3 a 1,5 GHz, que funcionarán con Android 4.0 (actualizable a Android 4.1), con conectividade GSM cuatribanda e HSPA+ pentabanda (con velocidades de ata 21 Mbps de descarga).
O Quattro 4.5 HD será o smartphone chamado a despuntar no catálogo de BLU Products, con pantalla de 4,5 polgadas de alta definición e Corning Gorilla Glass, cámara de 8 Mpíxeles con gravación de vídeo a 1.080p, 1 Gb de RAM e 16 Gb de almacenamento interno, mentres que para chegar a un público máis amplo o Quattro 4.5 mantería o mesmo formato reducindo a súa resolución de pantalla a 960 x 540 píxeles, a súa cámara aos 5 Mpíxeles e o seu almacenamento interno a 4 Gb (ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb). Ambos chegarán ás tendas norteamericanas esta semana a un prezo de 349,99 e 249,99 dólares respectivamente.
Por outra banda, dentro da liña dos tabletófonos anuncian o Quattro 5.7 HD, que chegará o mes que vén ao mercado a un prezo de 299,99 dólares e que contará cunha pantalla de 5.7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, cámara de 8 Mpíxeles, 1 Gb de RAM e 4 Gb de memoria interna (ampliable mediante tarxetas de ata 32 Gb), que podería destacar por ter un prezo axustado dentro do seu rango de dispositivos.

JPEG - 46.1 KB
O Quattro 5.7 pode destacar por ser un tabletófono de prezo axustado

PUBLICIDADE