BaterÃa externa para cargar o smartphone en mobilidade
martes, 18 de decembro do 2012
As grandes pantallas dos smartphones e a súa posibilidade de
estar constantemente conectados á Internet, sumado ao feito de que moitos
modelos teñen unha baterÃa integrada que non pode substituÃrse en mobilidade,
supoñen todo un problema para a autonomÃa dos dispositivos móbiles, e para
solucionalo chegan accesorios como o PhoneSuite
Power Core Micro, unha baterÃa recargable externa de 3.500 mAh (suficiente
para cargar un par de veces a meirande parte de smartphones) capaz de achegar
ata 1 ampere e 5 W a través de USB, polo que pode empregarse tanto para cargar móbiles
Android pro micro USB ou dispositivos de Apple mediante o conector de 30 pins
ou cable Lightning.
O PhoneSuite Power Core Micro mide 74 x 21 x 31 milÃmetros, pesa 79 gramos, nunha
carcasa resistente e elegante que inclúe un medidor de carga de 4 puntos LED. O
seu prezo de venda é de 79,95 dólares (60,64 euros), o que parece un prezo
bastante atinado se temos en conta a capacidade e potencia capaz de achegar
esta baterÃa externa (outros modelos máis baratos poden cargar un móbil, pero
non poden facer tal cun iPad).
- Ao contar cun porto USB completo esta baterÃa serve para cargar practicamente calquera smartphone e tablet do mercado