Belkin anuncia unha base para usar equipos móbiles no escritorio

mércores, 5 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Para facilitar o uso de equipos móbiles no escritorio dende Belkin está a preparar unha base para albergar Ultrabooks (ou incluso tablets con Windows 8) dos que, a partir dun único porto USB 3.0, son capaces de ofrecer conexións para ata 2 monitores (mediante DisplayPort e DVI-I), teclado e rato, impresora, altofalantes e micrófono, rede local Gigabit Ethernet e máis dispositivos, permitindo manter o escritorio de traballo ordenado e listo de traballar con só colocar o noso equipo neste USB 3.0 Dual Video Docking Stand for Ultrabooks que vai pórse á venda inicialmente por un prezo un tanto prohibitivo: 249,99 dólares.

JPEG - 93.2 KB
A nova base de Belkin incluso pode empregarse para ordenadores portátiles de certas dimensións

PUBLICIDADE