Belkin axuda a refrescar os nosos portátiles

martes, 15 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Este accesorio permite utilizar o portátil no regazo sen queimarnos

Belkin anunciou o lanzamento de 4 novos accesorios para ordenadores portátiles que permite tanto reducir a súa temperatura (o que contribúe no rendemento e na vida do equipo) como facilitar o seu uso en distintas situación.
Os novos accesorios sairán en outubro nos EE.UU. (e pouco despois tamén en Europa) e serían o seguintes:
- Laptop Cooling Lounge: este sería un dos accesorios máis desexados por moitos usuarios, xa que permite colocar o portátil no regazo mentres estamos sentados para poder utilizar o equipo comodamente sen queimarnos. Axústase en altura, inclúe un ventilador para refrescar o portátil e se venderá por 39,99 dólares

Este soporte mellora a ventilación do equipo á vez que lle incorpora un concentrador USB

- Laptop Cooling Hub: este soporte para colocar o portátil no escritorio e mellorar a súa refrixeración incorpora un concentrador de 4 portos USB e se venderá por 49,99 dólares
- CushTop Hideaway: que permite utilizar o portátil comodamente no sofá, na cama ou no chan, feito con resistente microfibra e permitindo incluso a inserción do transformador de corrente no seu interior. Venderase por 64,99 dólares
- Laptop CoolStrip: este sinxelo accesorio non precisa alimentación de corrente, xa que é unha simple e curiosa tira de tacos que elevan o portátil para permitir unha mellor ventilación, e se venderá por 19,99 dólares.

PUBLICIDADE