Belkin presenta unha funda con batería para o iPhone 5

martes, 4 de xuño do 2013 Marcus Fernández

As baterías da funda e do móbil poden cargarse por micro USB grazas a este accesorio de Belkin

Para poder ampliar a autonomía do iPhone 5 o fabricante de accesorios Belkin anuncia unha nova funda coñecida como Grip Power Battery Case que integra unha batería de 2.000 mAh (dobrando a autonomía do móbil), é compatible cos auriculares EarPods, protexe o móbil contra golpes, inclúe un anel para evitar reflexos na cámara, e inclúe un porto micro USB que facilita a carga tanto da batería externa como a interna do smartphone, o que supón unha comodidade adicional engadida (pois este tipo de conectores son un estándar adoptado pola meirande parte dos teléfonos do mercado, o que fai doado poder atopar ou compartir cargadores).
A funda de Belkin tamén presenta un agarre cómodo e está á venda nos EE.UU. a un prezo de 99,99 dólares e no Reino Unido por 89,99 libras esterlinas, ofrecéndose este accesorio en diversas combinacións de cores: negro-gris, negro-branco, azul-gris e morado-azul.


Vídeo de presentación do novo accesorio de Belkin

PUBLICIDADE