BenQ lanzará lector de e-books en 2010
xoves, 19 de novembro do 2009
O fabricante taiwanés BenQ súmase á febre de dispositivos para a lectura de
libros electrónicos e anuncia o seu nReader,
que lanzarán xunto cunha plataforma de venda de e-books para primeiros de 2010,
chegando primeiro a Taiwán e espallándose logo a Xapón en China. Dende BenQ
agardan vender 50.000 unidades en Taiwan e 300.000 a nivel global para o ano
que vén segundo Jerry Wang, o vicepresidente da compañÃa.
O nReader contará cunha pantalla en branco e negro de 6 polgadas (aÃnda que a
compañÃa pretende lanzar un modelo de cor para a segunda metade de 2010), 2 Gb
de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD de ata 16 Gb, con
reprodución de MP3, visualización de imaxes (JPEG, BMP, GIF e PNG), compatible
cos formatos máis populares (EPUB, PDF, HTML e TXT) e por un prezo de 8.900
dólares taiwaneses (186,44 euros).