BenQ presenta un monitor cun tempo de resposta de 1 ms

venres, 11 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

BenQ presentou no marco do CES de Las Vegas un novo integrante da serie de monitores RL, pensados para os xogadores máis esixentes, o RL2455HM, que presume de ter un tempo de resposta de só 1 milisegundo, polo que sería moi atinado para xogadores profesionais. Este monitor LED Full HD de 24 polgadas tamén conta con altofalantes de 2 W, 2 portos HDMI (para facilitar o seu uso con varios dispositivos), unha relación de contraste de 12.000.000:1 e pode operar cunha velocidade de refresco de 60 Hz (para adaptarse á saída de vídeo das consolas de videoxogos).
Entre as características do BenQ RL2455HM conta cun ecualizador de negros que facilita axustar o brillo sen sobreexpor os niveis de branco (detalle importante para amosar detalles críticos en zonas escuras nos xogos de acción en primeira persoa). Estará dispoñible en marzo a un prezo de 229 dólares (171,58 euros).

PUBLICIDADE