BenQ presenta un proxector de vídeo optimizado para o fútbol

luns, 5 de marzo do 2018 Marcus Fernández

Dende o ano pasado os proxectores de vídeo 4K con HDR comezan a estar a prezos relativamente asumibles, baixando nos EE.UU. dos 2.000 dólares, e son varios os fabricantes que están a lanzar produtos por debaixo de tal barreira psicolóxica, como BenQ, que presenta o novo proxector TK800, que sairá á venda en abril a uns 1.500 dólares.
Cómpre salientar que non estamos ante un proxecto que teña unha resolución nativa de 4K, senón que limitaría a súa resolución a 1.080p, pero ao poder recibir sinais 4K con HDR pode reproducir unhas cores moi fieis, á vez que tamén presume dun brillo de 3.000 lumenes.
Un dos detalles máis curiosos do BenQ TK800 é que conta con modos dedicados aos deportes en directo (un para deportes xenéricos e outros específico para o fútbol), ou sexa, que anúnciase como un dispositivo ideal para poder gozar de retransmisións de fútbol en pantallas de máis de 100 polgadas incluso en contornos iluminados (para o que habería que separar o proxector da pantalla 3,5 metros).
O proxector tamén estará equipado con lámpadas cunha vida útil dunhas 10.000 horas, minimizando así a súa substitución, elemento que noutros proxectos afecta considerablemente ao seu custo de posesión total.

BenQ incide especialmente en que o TK800 conta cun modo de reprodución optimizado para o fútbol

PUBLICIDADE