Black Shark 3 e Black Shark 3 Pro, os novos móbiles para xogadores de Xiaomi
martes, 3 de marzo do 2020
Dende
hai un par de anos Xiaomi ten unha liña de smartphones para gamers
chamada Black Shark, que está formado por smartphones de grande potencia,
coidando especialmente detalles como a velocidade de refresco da pantalla, a
resposta táctil, a refrixeración e a ergonomía para poder así gozar de longas
sesións de xogo.
Chegou a hora de renovar esta liña de produtos con procesadores de 2020, e así
temos que xa son oficiais o Black
Shark 3 e o Black Shark
3 Pro, que volven ser smartphones realmente impresionantes, aínda que para
un público moi específico. Estes novos smartphones chegan cun procesador
Qualcomm Snapdragon 865, conectividade 5G, Wi-Fi 6, lector de pegadas baixo a
pantalla, cámara traseira tripla (con sensor principal de 64 Mpíxeles, grande
angular de 13 Mpíxeles e sensor de profundidade de 5 Mpíxeles), cámara frontal
de 20 Mpíxeles e toma para auriculares (elemento moi importante de querer xogar
sen os retardos propios dos auriculares Bluetooth).
No caso do Black Shark 3 Pro temos que a súa pantalla AMOLED de 7,1 polgadas
ten unha resolución de 3.120 x 1.440 píxeles, cunha velocidade de refresco de
90 Hz (mentres que os sensores táctiles van a 270 Hz), un par de
botóns/gatillos físicos e unha batería de 5.000 mAh con carga rápida de 65
watts. Véndese con 256 GB de almacenamento interno e 8 ou 12 GB de RAM a 4.699
e 4.999 iuans respectivamente (606 e 644 euros).
Máis económico é o Black Shark 3, que confórmase cunha pantalla AMOLED de 6,67
polgadas con resolución de 2.400 x 1.080 píxeles e unha batería de 4.720 mAh, á
vez que prescinde dos gatillos físicos. Véndese con 128 GB de almacenamento e 8/12
GB de RAM a 3.499/3.799 iuans (451/489 euros), así como nunha versión con 12 GB
de RAM e 256 GB de almacenamento por 3.999 iuans (516 euros).
Normalmente este gama de produtos tan de nicho carece de distribución oficial
en Europa.