BlackBerry lanzará o seu primeiro smartphone con Android antes de rematar o ano
venres, 25 de setembro do 2015
- Fotografía filtrada na que podemos ver como se supón que será o futuro BlackBerry Priv
Tras
moitos rumores tivemos que agardar á presentación
dos resultados do segundo trimestre fiscal de 2016 de BlackBerry para que o
director xeral da compañía, John Chen, confirmase que están a preparar o
lanzamento de Priv, o primeiro smartphone con Android da súa compañía, que
buscará trasladar ao sistema operativo promovido por Google as prestacións
propias dos dispositivos de BlackBerry orientadas a combinar produtividade e
seguridade.
Aínda que continuarán a lanzar terminais con BlackBerry 10, confírmase que o
BlackBerry Priv será o dispositivo que até o momento recibía o nome chave Venice, e que trátase dun smartphone con
teclado QWERTY deslizante. O novo teléfono incluirá Android for Work na
plataforma BES12, procurando así un nivel de seguridade propio dos contornos
empresariais e espérase que chegue ao mercado a finais de ano na meirande parte
de mercados.
Nas vindeiras semanas darán máis detalles deste smarphone que podería ten unha
grande acollida no sector empresarial.