Blackmagic presenta unha cámara RAW 4K de prezo moi axustado
luns, 9 de abril do 2018
Aproveitando a celebración do encontro profesional NAB Show
en Las Vegas deixouse ver unha interesante cámara 4K portátil de Blackmagic
Design, a Pocket
Cinema Camera 4K, que estarÃa equipada cun sensor micro catro terzos de
tamaño completo que internamente gravarÃa vÃdeo a 4.096 x 2.160 pÃxeles en 12
bits RAW ou 10 bits ProRes con soporte de HDR e que destacarÃa por ter un prezo
de só 1.295 dólares (1.050 euros), o que serÃa preto da metade do que custarÃan
outras cámaras RAW 4K orientadas á gravación de vÃdeo.
Esta nova cámara ten un corpo de fibra de carbono, para ser lixeira, conta con
numerosos controis fÃsicos e unah zona de agarre de grande tamaño para
conseguir un manexo confortable. O sensor da cámara ten un rango dinámico de 13
paradas, e unha ISO de até 25.600, de xeito que consegue un bo comportamento
con pouca luz. Grava en tarxetas SD, UHS-II ou CFast 2.0, sendo tamén posible
conectarse unha unidade de disco por USB-C para realizar as gravacións en unidades
externas que poder conectar logo directamente a un equipo informático para a
súa edición ao momento (sen ter que esperar á transferencia de ficheiros).
A Pocket Cinema Camera 4K de Blackmagic Design ten unha pantalla táctil 5K na súa
parte traeira e para a gravación de audio conta tanto con entrada de jack de
3,5 milÃmetros como entradas mini-XLR alimentadas por phantom.