Blackphone, un novo smartphone orientado ás comunicacións seguras
martes, 25 de febreiro do 2014
- O Blackphone presentouse estes dÃas no marco do Mobile World Congress de Barcelona
A
empresa madrileña Geeksphone xuntou forzas con Silent Circle para desenvolver Blackphone, o que aseguran que é o
primeiro smartphone que deixa a privacidade e o control directamente nas mans
do usuario, podendo xa encargarse libre
por un prezo de 629 dólares (458 euros) e estando en breve dispoñible a
través de varios operadores móbiles europeos, buscando satisfacer a demanda de
smartphones seguros, especialmente no ámbito corporativo.
O Blackphone é un smartphone de gama media bastante completo, cunha pantalla
IPS de 4,7 polgadas de alta definición, procesador de catro núcleos a máis de 2
GHz, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, cámara traseira de 8 MpÃxeles
con flash e cámara frontal de 1,3 MpÃxeles, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, GPS e
incluso 4G (LTE), que destaca especialmente polo seu software, xa que funciona
con PrivatOS, unha variante de Android moi segura (evita o seu rastreo, ten
activadas todas as opcións de privacidade, evita conectarse a redes Wi-Fi
inseguras, permite controlar os permisos das aplicacións, as súas funcións de
borrado remoto e anti-roubo non precisa dunha conta de usuario centralizada na
nube e conta con numerosas ferramentas de comunicación privada). Estas últimas
aplicacións de comunicación son precisamente as desenvolvidas por Silent
Circle, que permiten intercambiar mensaxes de texto, facer chamadas,
establecer video-conferencias e mesmo transferir arquivos de ata 100 Mbytes de
xeito seguro e privado. Co smartphone inclúense 3 subscricións independentes de
1 ano ás aplicacións de Silent Circle, para facilitar as comunicacións seguras
con amigos ou parentes que conten con móbiles iPhone ou con Android.
VÃdeo de presentación do Blackphone