Blusens incorpora 2 novos televisores ao seu catálogo
mércores, 12 de novembro do 2008
- O Blusens H.96 incorpora DVD, USB e lector de tarxetas de memoria
O fabricante
galego de electrónica de consumo, Blusens, amplÃa a súa gama de televisores cos
modelos H.94 e H.96 que se venden en distintos tamaños e incorporando todos
sintonizador analóxico e dixital, teletexto, función Picture-in-Picture (que permite ver dúas canles á vez), 2 entradas
HDMI e entradas de vÃdeo composto, compoñentes, S-Video, VGA, audio e
euroconector.
O Blusens
H.94 se vende en tamaños de entre 19 e 42 polgadas a prezos de entre
269 e 1.119 euros (chegando á alta definición o
modelo de tamaño superior, mentres que o resto son HD Ready),
mentres que o Blusens H.96 se venderá en tamaños de entre 15 e 32 polgadas a prezos
de entre 309 e 699 euros, destacando por integrar reprodutor de DVD,
lector de tarxetas de memoria e porto USB para a reprodución audiovisual
(soportando incluso vÃdeo en XviD).