Blusens leva Android 4.0 ao televisor a través dun pequeno dispositivo HDMI
mércores, 16 de xaneiro do 2013
En 2010 Blusens
presentaba a súa solución para achegar a Internet e a reprodución multimedia ao
televisor, o Web:tv, produto do que conseguiron espremer o seu potencial
durante moitos meses, e abondado na mesma liña presentan
agora a familia SMART TV NANO, que permite integrar de xeito doado o sistema
operativo Linux en calquera televisor con HDMI facilitando asà a navegación web
a través da conexión Wi-Fi N, asà como o acceso aos milleiros de aplicacións e
xogos dispoñibles en Google Play. Deste xeito podemos empregar o televisor para
ver fotografÃas, escoitar música e reproducir vÃdeo (para contidos tanto na
Internet como en local), consultar o correo electrónico, acceder ás nosas redes
sociais e moitos usos máis propios dun ordenador, pero dos que agora poderemos
gozar comodamente no salón grazas a este dispositivo compacto que inclúe un
mando a distancia sen fÃos con función tanto de teclado coma de rato.
O Blusens
SMART TV NANO funciona cun procesador ARM Cortex A9, 1 Gb de RAM, 4 Gb de
almacenamento interno, Android 4.0 con soporte de contidos en Adobe Flash,
conectividade USB 2.0 (tanto para acceder a unidades de almacenamento externas
ou a teclados e ratos sen fÃos por USB). Inclúe preinstaladas aplicacións para
acceder á web, a YouTube e a Doctape, servizo de almacenamento na nube do que
inclúe 25 Gb de balde, asà como a aplicacións exclusivas de Blusens BLU:SHARE
PLAY e BLU:SUGGEST.
Este pequeno sistema Android só mide 90 x 34 x 16 milÃmetros, pesa 46 gramos e
xa está dispoñible na
tenda en liña de Blusens por 89,90 euros.
- O novo dispositivo de Blusens é unha boa solución para converter o noso televisor de alta definición nun Smart TV