Blusens pon á venda un tablet de 7 polgadas con Android 4.0
mércores, 15 de agosto do 2012
A nova proposta de Blusens para navegar pola Internet e
reproducir contidos multimedia é o seu tablet
Blusens PACHA, que chega cunha pantalla capacitiva de 7 polgadas cunha
resolución de 800 x 480 pÃxeles, procesador ARM Cortex A8 a 1 GHz, 512 Mbytes
de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de
ata 32 Gb, saÃda HDMI, micro USB 2.0, webcam, Wi-Fi N e Android 4.0 con Flash
Player 11, que xa está dispoñible
por 149 euros dende a tenda en liña da compañÃa compostelá de electrónica
de consumo.
O Blusens PACHA pode reproducir vÃdeo en alta definición (soportando formatos
como H.264 e MKV), e como demostración das súas posibilidades multimedia vén
con contidos precargados exclusivos PACHA: unha recompilación de música,
videoclips e pelÃcula dos máis aclamados e mellores DJ do mundo como Guetta,
House of Mafia, Morillo, Luciano, Laurent...
Para completar o produto, na súa caixa inclúense auriculares e unha funda de
protección coa mesma imaxe vermella rechamante deste dispositivo que mide 192 x
118 x 11 milÃmetros e pesa 334 gramos.
- O tablet comercialÃzase con auriculares e funda protectora