Bolsa para o portátil que serve de almofada
venres, 5 de setembro do 2008
O deseñador
islandés Hafsteinn
Júlíusson tivo a idea de facer unha bolsa para transportar o
ordenadores portátil que contase cun grosor adicional, así coma certo acolchado,
de xeito que aparte de protexer o equipo durante o seu transporte tamén permite
o seu uso como almofada tras longas noites de estudo ou traballo ou
mentres se viaxa en autobús ou tren.
O Napbook, aparte de permitir un dobre uso (bolsa e almofada) tamén serve para
tranquilizar aos usuarios que se sentirán máis cómodos ao descansar en lugares
públicos sen medo a que lles rouben o seu prezado portátil (que estará seguro
baixo as súas cabezas).
Polo momento só
se pode mercar esta bolsa para o portátil na tenda de Apple en Reykjavik,
aínda que Júlíusson asegura que está a traballar nunha comercialización máis ampla
o seu produto, que podería ser moi desexado durante as longas concentracións
informáticas.