Bose libra de cables os seus auriculares con cancelación de ruído

luns, 6 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Para facilitar escoitar música con comodidade e con grande calidade, illándonos do ruído, Bose vén de estrear nos EE.UU. os seus novos auriculares sen fíos QC35, unha revisión dos altofalantes QuietComfort (con cancelación de ruído) da compañía na que introduciron conectividade Bluetooth, de xeito que non só podemos escoitar a nosa música favorita sen que nos moleste o son ambiental, senón que tamén podemos evitar a molestia que os cables ocasionan en moitos momentos.
Estes novos auriculares teñen un deseño elegante, están dispoñibles en branco ou negro, poden presumir dunha autonomía de até 20 horas sen cables (40 horas de empregalos mediante cable), poden enlazarse rapidamente facendo uso de NFC, pode personalizarse a súa experiencia a través dunha aplicación móbil (para iOS e para Android), poden empregarse como sistema de mans libres e pesan uns 309 gramos, sendo o seu principal defecto que custan 349,95 dólares, polo que quedan fóra do alcance de moitos usuarios.

A cancelación de ruído dos QC35 permite que podamos escotiar música sen que os sons do ambiente prexudiquen a experiencia

Vídeo de presentación dos auriculares Bose QC35