Buzz Aldrin presenta a nova entrega de Mario en Madrid

martes, 13 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O xogo Super Mario Galaxy presentouse hoxe por todo o grande no hotel Palace de Madrid, nun acto que contou coa participación de Buzz Aldrin, o segundo home en pisar a lúa, de xeito que o relevo de Super Mario Sunshine que leva ó fontaneiro Mario ó espazo evoluciona recuperando o aspecto tridimensional de anteriores entregas e desenvolvéndose en innovadores escenarios baseados nos debuxos que Antoine de Sant-Exupéry para o seu libro O Principiño.
Mario percorrerá distintos planetas, cada un coas súas propias leis (de xeito que teremos que adaptarnos mesmo á ingravidade) e dende esta semana os usuarios da Nintendo Wii poderán gozar deste novo título dunha franquicia que xa suma 193 millóns de unidades vendidas.

PUBLICIDADE