CENTR quere converterse na cámara GoPro de 360 graos
mércores, 28 de maio do 2014
Como
unha curiosa alternativa ás cámaras GoPro chega a Kickstarter CENTR, unha cámara que rexistra a acción en 360
graos en resolución 4K, o que permite conservar as experiencias dun xeito
moi completo e prometedor. A cámara é resistente á auga, pode empregar unha das
súas 4 cámaras HD de xeito independente (para poder gravar vÃdeo normal en vez
de vÃdeo envolvente cando non o precisemos), permite a visualización do vÃdeo
en ordenadores, smartphones e tablets en tempo real a través dun reprodutor
interactivo e incluso ten unha baterÃa que pode substituÃrse rapidamente para
cando precisemos de grande autonomÃa en mobilidade (a baterÃa incluÃda ten unha
autonomÃa de ata 2 horas).
Esta interesante produto xa
completou máis da metade do seu financiamento en Kickstarter, onde pode conseguirse
unha destas cámaras cunha achega de 299 dólares (260,41 euros con portes
incluÃdos) e chegarÃa a mans dos mecenas en febreiro de 2015. Ten un deseño
ergonómico, pode colocarse en trÃpodes ou en soportes para cámaras GoPro, pesa
menos de 250 gramos, grava vÃdeo de 360 graos ata a 60 imaxes por segundo, pode
controlarse dende un dispositivo móbil conectado a través de Bluetooth, permite
a previsualización en tempo real a través de Wi-Fi, pode tomar fotografÃas de
360 graos de 20 MpÃxeles e pode gravar os contidos rexistrados nos seus 8 Gb de
almacenamento interno ou en tarxetas microSD.
Realmente falar de 20 MpÃxeles ou 4K nesta solución poderÃa resultar confuso,
pois realmente o que temos son 4 cámaras de 5 MpÃxeles capaces de gravar en
Full HD, polo que as proporcións serÃan máis horizontais do habitual. Por
exemplo, a cámara CENTR pode gravar vÃdeo de 6.900 x 1.080 pÃxeles ata a 30
imaxes por segundo ou vÃdeo de 4.600 x 720 pÃxeles ata a 60 cadros por segundo,
aÃnda que non só a imaxe é envolvente, senón que tamén conta con 3 micrófonos,
para poder reflectir fielmente todo o que acontece ao noso redor.
AÃnda que esta cámara pode lembrarnos á 360cam da que
falamos a semana pasada estamos ante tecnoloxÃas bastante diferentes, pois
neste caso estamos nun dispositivo claramente enfocado á acción, mentres que o
produto anterior busca imaxes máis envolventes verticalmente, pensando en capturar
paisaxes e localizacións, non secuencias deportivas.
VÃdeo de presentación da campaña de financiamento da cámara CENTR