Caixa para conectar externamente ata 5 discos duros SATA
luns, 11 de decembro do 2006
As necesidades de capacidade de almacenamento por parte dos ordenadores levou a potenciar enormemente o sector das unidades de disco externas, que normalmente se conectan por portos USB 2.0 ou Firewire, pero que, para usos máis intensivos ou esixentes (como a montaxe de vídeo) non resultan suficientes, polo que se tende a empregar dipositivos Serial ATA externos, de aí que o fabricante Novac lanzase no Xapón o seu dispositivo NV-HS372S, que vén a ser unha caixa que permite a conexión de ata 5 discos duros SATA para o seu uso cun rendemento homologable ó dos discos internos.
Actualmente os discos SATA véndense con capacidade de ata 750 Gb, de xeito que valéndose desta caixa eSATA pódese amplicar a capacidade de almacenamento dun ordenador ata 3,75 Tb.
O NV-HS372S véndese cunha tarxeta interna para a súa conexión no PC por 59.800 iens (uns 389, 34 euros).