Cámara Toshiba Camileo X100 con zoom de 10x e gravación Full HD

xoves, 4 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Toshiba está a gañar a pulso un lugar entre as cámaras de vídeo de alta definición coa súa familia Camileo, que incorpora o modelo X100, unha cámara que aparte de gravar vídeo a 1.080p, tamén é capaz de tomar fotografías a 16 Mpíxeles, gañando en versatilidade.
A Toshiba Camileo X100 é bastante compacta (12,2 x 6,7 x 6,2 centímetros), pesa só 270 gramos, conta con saída de vídeo, HDMI e miniUSB, zoom óptico de 10x e dixital de 4x, estabilizador de imaxe e pantalla táctil de 3 polgadas. Utiliza como almacenamento 4 Gb de memoria interna e tarxetas SDHC de ata 32 Gb, nas que podería almacenar máis de 6 horas a 1.080p (ou 16 horas a 720p) aínda que a súa batería só permitiría gravar 2 horas de vez. O seu prezo de venda en España é de 229 euros (IVE incluído).

PUBLICIDADE