Cámara compacta de Nikon con zoom de 18x e alta sensibilidade
mércores, 9 de febreiro do 2011
Nikon está a estrear
unha nova liña de cámaras dixitais, que chegarán ao mercado no mes de marzo, e
entre as que destaca especialmente a COOLPIX
S9100, que pese a ser compacta conta cun impresionante obxectivo retráctil
que achega un zoom óptico de 18x á vez que goza dun bo grande angular, de xeito
que adaptarÃase a case calquera situación, permitindo non só captar
instantáneas de 12,1 MpÃxeles grazas ao seu sensor de imaxe CMOS retroiluminado
(que incrementa a cantidade de luz recibida por cada pÃxel, para mellorar a
sensibilidade e reducir os desenfoques), senón que tamén pode gravar vÃdeo a
1.080p con son estéreo.
A cámara tamén conta con prestacións avanzadas como o disparo de varias imaxes
consecutivas con distintas configuracións de exposición (e flash) para compor
imaxes claras incluso con pouca luz, contando tamén cun sistema hÃbrido de
redución da vibración, unha sensibilidade moi elevada (ata 3.200 ISO) e modos
de disparo para distintas situacións (retrato nocturno, paisaxe nocturna e
HDR).
A Nikon COOLPIX S9100 chegará o 17 de marzo ás tendas a un prezo de 348 euros
en 3 cores (vermello, negro e prata escuro).