Cámara de vídeo para levar nun casco

mércores, 20 de maio do 2009 Marcus Fernández

O mes pasado falamos de ContourHD, unha cámara que grava vídeo en alta definición a 720p ideal para recoller imaxes de xeito subxectivo mentres practicamos deportes de risco que se vende por uns 300 dólares (219 euros), pero os usuarios menos esixentes poden optar por unha cámara semellante, que só recolle vídeo a unha resolución de 640 x 480 píxeles a 30 fotogramas por segundo e que venden dende páxinas web chinesas por un prezo que parte de 27,19 euros (con descontos por volume).
A cámara CVSD-J11, que mide 90 x 54 x 48 milímetros, inclúe unha cinta de 60 centímetros que facilita a súa colocación nun casco de esquí ou de bicicleta, para poder recoller de xeito subxectivo as nosas prácticas deportivas en deportes en exteriores, que grava directamente en tarxetas SD de ata 4 Gb e tamén é resistente á auga.

JPEG - 36.3 KB
A cámara pode colocarse nun casco de ciclista de xeito doado

PUBLICIDADE