Cámara de vídeo para os deportes extremos

martes, 22 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os afeccionados aos deportes extremos poderán rexistrar as súas peripecias con todo detalle grazas á nova cámara Predator VX360, que aínda que non grave en alta definición, trátase dunha cámara que pode levarse enganchada á cabeza para achegar unha perspectiva en primeira persoa, e que destaca realmente pola súa resistencia, xa que este dispositivo é resistente á auga (podendo somerxerse ata 3 metros), é capaz de sobrevivir ao impacto dunha pedra e soporta os efectos abrasivos da auga do mar.
O seu peso tamén é bastante reducido (268 gramos), integra unha pantalla TFT de 2,4 polgadas (así coma saída de vídeo PAL/NTSC), e grava en memorias SD e SDHC de ata 8 Gb (nas que podería gardarse ata 6 horas de vídeo) en formato DivX a resolucións de 352 x 288 ou 640 x 480 píxeles (ata 30 fotogramas por segundo). A VX360 conta cunha batería recargable de 1.200 mAh, de xeito que podería gravar ata 100 minutos de vídeo cunha única carga.
Dado que utilízase en momentos movidos, esta cámara é moi doada de manexar, a través de botóns situados na unidade de gravación que lévase no brazo do usuario. O seu prezo de venda recomendado é de 399,99 libras esterlinas (441,55 euros), o que non é precisamente barato, pero é máis que aceptable para o tipo de uso que se dá a este tipo de dispositivos, permitindo gravar certos momentos que doutro xeito sería imposible.

PUBLICIDADE