Canon presenta a súa primeira cámara sen espello

luns, 23 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Canon anunciou hoxe, tras numerosas filtracións, a súa primeira cámara dixital sen espello, a Canon EOS M, que conta cun sensor CMOS avanzado de 18 Mpíxeles que tamén permite rexistrar vídeo Full HD cun sistema de enfoque automático continuo, pantalla táctil LCD de 3 polgadas, numerosos modos de disparo (dende HDR ata filtros creativos), sistema de disparo múltiple para reducir o ruído a velocidades ISO elevadas, soporte de tarxetas de memoria SD/SDHC/SDXC e compatible con máis de 70 obxectivos de Canon, para ter a calidade e posibilidades dunha réflex nun corpo compacto.
Agárdase a chegada desta cámara ao mercado no mes de outubro a distintos prezos dependendo dos accesorios que inclúa pero que parten duns 850 euros.


Vídeo promocional da Canon EOS M

JPEG - 67.7 KB
A Canon EOS M permite empregar máis de 70 obxectivos intercambiables

PUBLICIDADE