Carcasa-teclado de Logitech para o iPad 2

venres, 8 de abril do 2011 Marcus Fernández

Logitech presentou hoxe un novo accesorio para o iPad 2, a Logitech Keyboard Case, que pode empregarse como un cómodo teclado externo para o tablet de Apple, á vez que fai de carcasa protectora facilitando o seu transporte.
A Keyboard Case está feita de aluminio, cun acabado moi resistente que protexe magnificamente o iPad 2, á vez que tamén pode empregarse como soporte para manter o dispositivo inclinado tanto en vertical como en horizontal para ver contidos audiovisuais ou facer uso da videoconferencia FaceTime.

O accesorio protexe ao iPad 2 durante o seu transporte

O teclado QWERTY integrado conéctase por Bluetooth ao iPad 2, e pode cargarse a través de USB, de xeito que evítase a substitución de pilas. O seu prezo en EE.UU. será de 99,99 dólares (o prezo europeo non foi anunciado, pero previsiblemente sería de 99,99 euros) e chegará ás tendas en abril.

PUBLICIDADE