Carga os teus trebellos pedalando
venres, 9 de maio do 2008
Os trebellos e o
exercicio físico poden complementarse dun curioso xeito grazas a un cargador
que funciona alimentado por enerxía motriz, ou sexa, que permite
a carga de dispositivos electrónicos pedalando.
Este cargador de fabricación chinesa mide 33,7 x 26,7 x 35,5 centímetros, pesa
4,8 quilogramos e se
vende no Xapón a 14.800 iens (92,52 euros).
Non parece o xeito máis cómodo de cargar dispositivos mediante USB, pero será
un incentivo máis para facer algo de exercicio físico tanto coas pernas como
coas mans.