Carterpillar integra un sensor térmico no seu novo smartphone resistente
xoves, 18 de febreiro do 2016
O ano pasado o
accesorio FLIR ONE permitÃa converter un smartphone nun visor térmico,
lembrando a pelÃculas como Predator, e
agora a división de móbiles de Carterpillar
sorprende comercializando un smartphone reforzado, o CAT
S60, que integra o sensor térmico, de xeito que en vez de conformarse cunha
cámara fotográfica ordinaria, integra un sensor Lepton que permite ver a temperatura do que nos rodea, o
que pode ter usos profesionais e industriais moi especÃficos, de aà que
esteamos ante un teléfono robusto, e incluso bastante gordo (supera o
centÃmetro de grosor, algo ao que actualmente non estamos moi afeitos), tanto
polo seu deseño reforzado e a cámara térmica como pola súa xenerosa baterÃa de
3.800 mAh.
Grazas ao seu marco interno de aceiro o CAT S60 conta con certificación de
grado militar 810G ante caÃdas, e a súa pantalla ten recubrimento Gorilla Glass
4, de xeito que estamos ante un terminal duro
de roer, que incluso pode funcionar até unha hora a 5 metros de
profundidade.
Este smartphone funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon de 8 núcleos, 3 GB
de RAM, 32 GB de almacenamento interno, pantalla de 4,7 polgadas cunha
resolución de 1.280 x 720 pÃxeles que incluso pode empregarse con luvas ou cos
dedos mollados, radio FM, NFC, e sistema operativo Android 6, que deberÃa estar
dispoñible aproximadamente no mes de xuño a un prezo de 599 dólares.