Case a totalidade dos concellos galegos contan con eSede
luns, 28 de decembro do 2020
O
93, 4% dos concellos galegos contan con sede electrónica, segundo o
informe bianual A
Administración electrónica nos concellos galegos
do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
con data do 2019. Este informe, que se inclúe no Plan Galego de
Estatística 2017 – 2021, avalía cada 2 anos a situación das
infraestruturas, equipamento e o nivel de desenvolvemento da sede
electrónica dos concellos, ademais da interoperabilidade entre as
administracións e outros indicadores.
En
xeral, case a totalidade dos concellos contan cunha sede electrónica.
O 97,1 % teñen rexistro electrónico, mentres que o pago electrónico
é o servizo de menor uso, aínda que incrementou dende 2017.
O
máis positivo obsérvase no procedemento das notificacións
electrónicas, xa que creceu 44 puntos porcentuais en 2 anos. Así, o
91,4% dos habitantes dos concellos contan co servizo de notificacións
electrónicas. Tamén incrementaron servizos como o rexistro de
documentos ou as solicitudes e obtencións de permisos. Do mesmo
xeito, o catálogo de procedementos online conseguiu 38,2 puntos
porcentuais máis que en 2017. Isto tradúcese en que o 65,6% dos
galegos fan as súas solicitudes a través de internet.
Unha
das grandes vantaxes da Administración electrónica é que o 32,3 %
dos concellos xa non entregan documentos como o DNI ou certificados
tributarios de forma física. De feito, durante o 2019, o 54,2% dos
municipios substituíu a obriga de aportar documentos por
declaracións responsables.
En
canto á participación cidadá, o correo electrónico é o medio
máis utilizado polos concellos, cun 97,7%. Increméntase o uso das
redes sociais que chegan ó 67,8%, 8,8 puntos porcentuais máis que
no 2017. Facebook e a rede que conta cunha maior utilidade, seguida
de Twitter. O portal de transparencia medra 24,8 puntos porcentuais e
ten cabida en case todos os concellos galegos (87%).
As
aplicacións e programas informáticos dos concellos que contan con
maior presencia son o padrón de habitantes (96,7%), o de
contabilidade (96,2%) e o de rexistro de entidade (94,3%). Sen
embargo, a aplicación que máis creceu dende o 2017 foi a de
contratación. Os sistemas de identificación e certificación
sitúanse agora mesmo no 95,3%. Neles, o método máis utilizado é o
nome de usuario e a clave do ordenador, seguido do DNI electrónico e
do certificado dixital.
Cabe
mencionar que no 2019 reforzouse a presenza do software libre. Así,
esta práctica utilízana entre o 60 e 40 % dos concellos.