Casio dedica a Doraemon unha das súas cámaras dixitais
mércores, 25 de maio do 2011
Os seguidores de
Doraemon e o seu peto máxico estarán encantados ao descubrir que Casio vai
comezar a vender no Xapón unha versión
da cámara EXILIM EX-Z800 de cor azul e decorada coa imaxe do gato do espazo
que acompaña a Nobita nas súas aventuras televisivas.
Esta cámara ten un sensor de 14 Mpíxeles, unha pantalla LCD de 2,7 polgadas, un
zoom óptico de 4x e a posibilidade de integrar de xeito automático nas súas
fotografías ata 9 adhesivos virtuais con Doraemon, os seus amigos e algúns dos
seus trebellos (como o gorrocóptero). Completa o paquete unha funda azul cun bordado
de Doraemon.
Chegará ás
tendas xaponesas a finais do verán a un prezo de 29.800 iens (257,77 euros),
sendo posible a súa reserva dende o 8 de xuño.
- A cámara permite incorporar nas fotografías adhesivos virtuais
- Coa cámara inclúese unha funda de transporte cun bordado de Doraemon